Pierre Trudeau

Joseph Philippe Pierre Yves Elliott Trudeau, nado en Montreal o 18 de outubro de 1919 e finado na mesma cidade o 28 de setembro de 2000), foi un político canadense, 15.° primeiro ministro do Canadá. Exerceu o cargo entre 1968 e 1979, foi reelixido en 1980 e en 1984 renunciou ao cargo. Trudeau liderou a idea dun estado unido por un Goberno central forte co francés e o inglés como linguas oficiais. Está considerado como o fundador do Canadá moderno que asumiu o federalismo, o bilingüismo e o multiculturalismo como sinais de identidade. Mesmo os seus adversarios políticos recoñeceron unha fonda admiración pola súa figura. Como escritor publicou o seu primeiro libro en 1956. Foi despedido nun multitudinario funeral ao que asistiron persoeiros de relevancia mundial. O Aeropuerto Internacional de Montreal foi bautizado co seu nome o 1 de xaneiro de 2004.


Developed by StudentB